Situación

Xeografía

É un concello de interior, que carece de costa. Aínda así, o acceso máis próximo polo mar está a uns doce quilómetros, en valdoviño, que alberga unha das praias máis grandes e representativas de Galicia; hai pequenas estradas rurais que levan a ela, a principal parte dos arredores da ermida de Belén, no núcleo principal da vila.

O municipio ocupa un extenso val, formado no seu curso medio polo río Grande de Xubia e outro máis angosto formado polo río Castro, afluente do primeiro, que linda coas alturas da Serra de Forgoselo, cara o sureste. Os puntos máis altos do termo municipal atopámolos nesta serra, e son os de Racamonde (537 m.) e Forgoselo (508 m.), sen esquecernos do pico de San Vicente ou o de Ferreira, na parroquia do mesmo nome; na cima desta última, existe un sepulcro antropomórfico tallada na rocha que contén unha lenda ben curiosa; é un dos lugares a visitar, desde onde podemos ver nos días claros, a cidade de Ferrol, o Atlántico en Valdoviño e todo o resto da comarca. Esta Serra de Forgoselo é un dos lugares de Galicia onde, aínda hoxe, realízase o rito ancestral da "rapa das bestas".