Situación

Situación do Concello
Mapa Concello San Sadurniño

San Sadurniño atópase situado nun extremo da comarca de Ferrolterra, no norte da provincia de A Coruña. Limita con Narón e neda polo oeste, con Valdoviño polo norte, con Moeche e As Somozas polo Este e con A Capela e As Pontes de García Rodríguez polo sur. San Sadurniño ocupa un fértil val, o que forma o río Grande de Xubia, algo troiteiro no couto, e moi agradable para pasear polas súas ribeiras. Contra o sur, sobre o estreito val do río Castro, érguense os máis elevados montes que van dar na Serra do Forgoselo. Nestes montes, terra de lobos, críanse cabalos en estados salvaxes, e ata hai uns anos aínda se celebraba a festa do curro na aldeíña de Miguelares. Hai séculos, San Sadurniño era o núcleo administrativo da comarca. De restos: pazos, un fermoso castelo, e lugares de encanto e sabor de avoengo, que fixeron que se lle dese en chamar a vila da tranquilidade. Aínda hai xente que lembra as estadías de verán da marquesa de San Sadurniño, grande de España e posuidora dun ducado, dous marquesados e un vicecondado. Pero a señora morreu en 1953 e a edificación, que xa fora víctima de violentas reformas, entrou en fase de absoluta decadencia.