Debe habilita-los SCRIPTS no seu navegador Itinerarios formativos da RedeXiana2
Itinerarios formativos da RedeXiana2

04/04/2013

Imaxen Descriptiva da Nova

O Concello de San Sadurniño e a Deputación da Coruña colaboran no desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas. A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 2012-2015 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo e está distribuída polas 12 zonas do territorio provincial. San Sadurniño está incluída na zona 2 xunto cos concellos de Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

O Proxecto Rede Xiana2 comprende itinerarios personalizados de formación e inserción laboral, incluíndo formación, experiencia e prácticas en empresas e asesoramento e apoio laboral. Deste xeito, as persoas participantes recibirán a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada, de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

A primeira fase do proxecto é a formación, orientada a dar resposta ás novas ocupacións de sectores emerxentes a nivel local e a adecuar o perfil profesional das persoas demandantes de emprego ás necesidades actuais do mercado laboral.

No marco da Zona 2 desenvolverase, durante os anos 2013 e 2014, a seguinte oferta formativa, ordenada polo tipo de acción e o Concello onde se impartirá.


San Sadurniño
  • Formación transversal en Medio ambiente na agricultura.


  • Formación específica en Actividades auxiliares de agricultura (homologado para certificado de profesionalidade).


  • Formación complementaria en Comercialización e venda electrónica e Xerentes de empresas de economía social.


  • Ares
  • Formación para a capacitación en, Obradoiros de emprego, Habilidades sociais e comunicativas, Alfabetización informática: internet.


  • Formación de preformación en Responsabilidade social, Busca de emprego e NTIC, Apoio preparación para as probas de competencias clave.


  • Formación transversal en PRL.


  • Fene
  • Formación complementaria de Montador/a de estruturas metálicas (non homologado).


  • Se o proxecto é do teu interese e precisas formación nun ou en varios dos cursos ofertados, acude ao teu Concello de empadroamento e solicita unha primeira entrevista coa Responsable Municipal do proxecto. Informarate dos requisitos básicos para acceder á formación, a documentación que terás que entregar e os pasos a seguir para a correcta inscrición en calquera dos cursos ditados anteriormente. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro 15 de abril ata o 3 de maio de 2013.

    Galeria de Fotos: Itinerarios formativos da RedeXiana2